martes, 1 de febrero de 2011

"Facebook Deals" chega ó Reino Unido

Durante estes últimos días a famosa rede social "facebook" presentou no Reino Unido o "Facebook Deals". Este servicio é unha fusión entre a ferramenta de xeoposicionamento a través do noso móvil e as ofertas e promocións das firmas máis importantes que poñen ó alcance dos usuarios a traves de portales como o de groupon, aínda que desta vez só daquelas firmas que están nas cercanías do propio usuario.
Desta forma ao recibir toda a información respecto dos descontos que ofertan os comercios só queda por realizar o famoso check-in e recibese un bono a través do móvil co que se hai que presentar no local do comercio elexido e canxealo polo correspondente premio. Polo momento só está dispoñible no Reino Unido e xa se uniron a esta proposta ofrecida por "facebook"  firmas coma "Starbucks", "O2", "Benetton", ou "mazda". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario